jueves, 23 de noviembre de 2017
Máis outono
Os nosos pequenos xa superaron o período de adaptación e xa os temos disfrutando da clase, do outono, dos compañeiros ... e poñendo a proba os seus sentidos, explorando todo o que se lles pon no seu camiño.
A escola está tinguida de outono e nenas e nenos poden gozar da riqueza sensorial de todos os materiais que teñen á súa disposición.
domingo, 22 de octubre de 2017
Actividades plásticas
“El niño que tiene libertad y oportunidad de manipular y usar su mano en una forma lógica, con consecuencias y usando elementos reales, desarrolla una fuerte personalidad”, Maria Montessori.
As actividades plásticas son precisas para favorecer un desenvolvemento infantil integral, xa que potencian nos nen@s a imaxinación, a creación e a a creatividade, a autoestima, a autoxestión emocional, así como a capacidade de elección e de decisión. A través do contacto con distintos materiais e utilizando diferentes técnicas os pequenos carganse de experiencias que os axudarán a medrar.
Sé valente
“SÉ VALENTE, A MISIÓN AGARDA POR TI” é un fermoso lema nestes tempos nos que o confort e o benestar chama às nosas portas e temos a tentación de pechar os ollos a tantas necesidades que se viven noutros pobos. Sexamos valentes e fagàmolos conscientes!!!
Os brazaletes de axudantes
Este pasado mércores tivemos un patio especial, pois nel tivo lugar a presentación oficial dos brazaletes de axudantes de patio e a imposición dos mesmos. Deste xeito (seguindo as pegadas de San Vicente) todos nos axudamos a todos, todos nos sentimos protexidos e protectores, todos asumimos responsabilidades, e todos podemos sentirnos superheroes loitando pola paz e a xustiza do noso patio.
O OUTONO
@s nos@s maiores traballan arreo para darlle a benvida ó noso veroño particular. Eso sí, sen escatimar en técnicas varias!
viernes, 29 de septiembre de 2017
San Vicente de Paul
Esta semana celebramos a festa de San Vicente de Paul, na que xuntos intentamos dar resposta a algunhas inxustizas latentes nos nosos días, intentando inculcar valores como a solidariade, a axuda òs demáis, o amor, e a empatía, ensinándolles òs máis pequenos que un agarimo, un bico, unha aperta,...poden ser a solución a moitos problemas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















































