sábado, 30 de abril de 2016

O maio, maíño
é moi pillabán,
quere que lle dean
os cartos na man.
Para facer o maio
tivemos que roubar
flores e fiunchos
na horta de mamá.

Flores, fiunchos, cancións de Manuel María e sol inundaron 
o patio do noso colexio. Un día perfecto para festexar a 
inminente entrada do mes Maio.












Unha vez máis contamos coa importante colaboración dos 

pais na escola. Desta volta para disfrutar dunha clase de 

psicomotricidade organizada e dirixida por unha mamá e 

disfrutada polo alumnado de 6° de ed. Infantil. Grazas 

Nuria.









sábado, 23 de abril de 2016


 " A lectura, como o amor, é a pedra ideal para afinar a 

   
ialma"


Paul Desalmand


Feliz dia do libro!!















O pasado 21 de abril fumos convidados ó 15 aniversario de

"Mamacabra" e foron eles os que nos agasallaron a nós coa

súa música, as súas voces e o seu espectáculo.As

consecuencias foron sorrisos, aplausos, baile, ledicia e

diversión.
















miércoles, 13 de abril de 2016


Unha vez máis a interacción familia-escola permite @s nos@s alumn@s sumerxirse en novas culturas, costumes, lendas, cancións, nesta ocasión...Francia!! Grazas a Virginie e a Maelys, por amosarnos, na Illa, un cachiño da vosa querida France!!
















viernes, 8 de abril de 2016



Nesta saída, os nosos maiores disfrutaron dun fantástico día de primavera, visitando os distintos postos da nosa  Praza de Abastos e explorando os distintos contextos que rodean o noso centro. Grazas a todos os que colaborastes nesta aprendizaxe tan fermosa e significativa para @s nos@s nen@s.