jueves, 17 de marzo de 2016

Neste dia o alumnado de infantil disfrutou dun dia especial.

Pola mañá degustaron un doce típico da Pascua:










E pola tarde, estes pequenos piratas tiveron que amosar e por en práctica todas as estratexias posibles para dar cun gran tesouro. Grazas mamis!!!











Desta volta, @s nen@s de 6º de infantil, puderon disfrutar dunha verdadeira clase de anatomia, na que interaccionaron directamente con "Crispín" o esquelete, e grazas a él, tamén puderon saber cantos osos temos,onde se atopan e os seus nomes. Toda unha experiencia grazas, unha vez máis, á colaboración das nosas familias.  









Nesta tarde @s nen@s de 6º de infantil asistiron a unha presentación do continente africano con motivo da unidade do proxecto dos Continentes. Nesta presentación, os alumnos poideron escoitar a súa música, degustar algún dos seus productos típicos, visionar vídeos ilustrativos, obxectos da súa artesanía, a súa bandeira, vestimentas, danzas...Moitas grazas sempre, ós pais/nais colaboradores.









miércoles, 16 de marzo de 2016

O vindeiro venres 18 , os nen@s de 6º de Infantil (aulas de Estrella e Charo) farán unha saída  á Praza municipal para coñecer os seus postos e as súas funcións. Non esquezan entregar as autorizacións asinadas.

lunes, 7 de marzo de 2016





                                  Mamá Cabra,  "15 Primaveras"


O vindeiro dia 21 de abril, os nenos de 3,4 e 5 anos do noso colexio terán
a sorte de poder viaxar ata Pontevedra para disfrutar co Teatro ."15
PRIMAVERAS" de Mamá Cabra ( unha das bandas de música infantil de 
referencia ,coñecida por todos os nosos cativos).
Pronto adxuntaremos máis información sobre este evento. Saúdos.


A Fábrica de CLESA


E a última visita do curso a Clesa tivo lugar o venres pasado para o disfrute do alumnado de 4 anos. Grazas de novo a todo o persoal de Clesa pola súa atención e xenerosidade.
















A fábrica de Clesa volveu a abrir as súas portas para @s nos@s nen@s, desta volta para @s  alumn@s de  6º de Ed. Infantil.
Descubrimos, aprendemos, divertímonos, saboreamos...vivimos novas experiencias.












Hoxe amencemos para vivir novas experiencias, como viaxar en autobús e descubrir a transformación do leite en iogur e todo o que ocorre dende que muximos a vaca ata que disfrutamos dunha cullerada deste producto tan popular entre @s nos@s nen@s. Grazas a Clesa pola súa atención e polos agasallos recibidos.















sábado, 5 de marzo de 2016






A normativa do proceso de Admisión de alumnos/as está regulada por:
  • Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo infantil. DOG do 15 de marzo de 2013.
AVISO IMPORTANTE:
  • Só se pode presentar unha única solicitude no centro de primeira opción.
  • O alumnado do centro que presente solicitude noutro centro deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe.
  • Na secretaria do centro está a disposición das familias solicitantes de praza o Proxecto Educativo e o Carácter Propio do centro.
  • O servizo de comedor ten un carácter voluntario e non lucrativo.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
  • 1 ao 29 de Marzo, xa que solo se poderán entregar do 1 ao 20 de Marzo por período lectivo de vacacións de Semana Santa.
  • Publicación das listaxes PROVISIONAIS de admitidos e non admitidos: 25 de Abril. Reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
  • Exposición da listaxe DEFINITIVA de admitidos: antes do 15 de Maio.
  • Prazo de formalización de matricula: do 20 ao 30 de Xuño.
         Horario secretaría: De luns a xoves de 17:15h a 18:00h