sábado, 29 de abril de 2017

O MAIO

O MAÍÑO MAIO
É MOI PILLABÁN
QUERE QUE LLE DEAN
OS CARTOS NA MAN
PARA FACER O MAIO
TIVEMOS QUE ROUBAR
FLORES E FIUNCHOS
NA HORTA DE MAMÀ
Manter tradicións, facer cultura, traballar en equipo, reforzar a relación familia-escola, creatividade, imaxinación, cantar, bailar, rir,......todo igual de importante ...e nós traballàmolo nun día coma hoxe coa elaboración do noso maio....doado e divertido non si???

























Vermes de Seda

E agora tócanos agardar.....impacientes estamos por ver a transformación máxica que ocorrerá no interior destas "casiñas", destas crisálidas impresionantes....a natureza é alucinante!!!!!










Dia do libro,Marcapáxinas solidarios


E un día despois do Día do Libro continuamos traballado nos marcapàxinas solidarios para convertir a nosa creatividade en auga que cambie a vida de centos de nenos en África.







Traballar, esforzarse para lograr un resultado que beneficiará a un mesmo pero, sobretodo, traballar en solidaridade con outros nen@s ós que non coñecemos, ós que nunca vimos e cos que nunca xogamos pero que sabemos que EXISTEN.





@s nos@s alumn@s de 5 anos amósannos as súas caricaturas realizadas con motivo do día do libro....recoñecédelo?



De landras a carballos!!


E un ano màis os nosos alumnos, con esforzo, dedicación e coidados diarios conseguiron rematar este gran proxecto con éxito. Seleccionar as landras, poñelas a xermolar controlando a humidade, engadir terra e observar o crecemento da planta para logo buscarlles un destino definitivo como àrbores. Obxectivo cumprido!! Bo traballo!!








A Primavera


En entramos de cheo na Primavera!!!!!ledicia, cores e diversión!











sábado, 1 de abril de 2017

Dia mundial do Autismo (2 de Abril)


Sumàmonos a esta importante iniciativa de concienciación no Día mundial do Autismo. Porque o noso mundo e tamén o seu mundo e porque todo comeza dende a educación.