Somos seres sociais e como tales debemos aprender a compartir dende a infancia. É fundamental que @s nen@s naturalicen esta actitude solidaria como forma de relación cós demàis, sobretodo con compañeiros de escola, irmáns ou amiguiños. Agardar, establecer quendas, ceder o que é noso...todo isto resume o obxectivo principal da xornada que celebramos no noso centro ( xusto despois dos agasallos dos Reis Magos) e que nós chamamos "festa de compartir" ou "festa do xoguete".
sábado, 10 de febrero de 2018
Festival de Nadal
E despois de moito traballo e moitos ensaios, conseguimos o noso obxectivo: desexarvos un bo Nadal e pintar sorrisos nas nosas familias!!! Dende o CPR Sonrisas y Lágrimas desexàmosvos unhas Felices Festas!!!!
A maxia do Nadal
Dende o Colexio Infantil Sonrisas y Lágrimas e contando coa colaboración do CEIP Torre-Illa, queríamos amosar o noso agradecemento a todas aquelas familias que quixeron aportar o seu gran de area, para que nestas datas tódalas familias da Illa poidan sentarse arredor dunha mesa e compartir a maxia do Nadal. GRAZAS!!!
A arte do Nadal
Velaquí a creatividade dos no@s alumn@s plasmada nos traballos realizados para estas datas nas que as luces, as cores brillantes, a purpurina e.....a MAXIA se deixan ver polas aulas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























































