domingo, 22 de octubre de 2017

Sé valente


“SÉ VALENTE, A MISIÓN AGARDA POR TI” é un fermoso lema nestes tempos nos que o confort e o benestar chama às nosas portas e temos a tentación de pechar os ollos a tantas necesidades que se viven noutros pobos. Sexamos valentes e fagàmolos conscientes!!!



Os brazaletes de axudantes


Este pasado mércores tivemos un patio especial, pois nel tivo lugar a presentación oficial dos brazaletes de axudantes de patio e a imposición dos mesmos. Deste xeito (seguindo as pegadas de San Vicente) todos nos axudamos a todos, todos nos sentimos protexidos e protectores, todos asumimos responsabilidades, e todos podemos sentirnos superheroes loitando pola paz e a xustiza do noso patio.







O OUTONO


@s nos@s maiores traballan arreo para darlle a benvida ó noso veroño particular. Eso sí, sen escatimar en técnicas varias!





A cor vermella



Experimentado coa cor vermella= rojo = Red













viernes, 29 de septiembre de 2017

San Vicente de Paul


Esta semana celebramos a festa de San Vicente de Paul, na que xuntos intentamos dar resposta a algunhas inxustizas latentes nos nosos días, intentando inculcar valores como a solidariade, a axuda òs demáis, o amor, e a empatía, ensinándolles òs máis pequenos que un agarimo, un bico, unha aperta,...poden ser a solución a moitos problemas.












Traballo en equipo

O traballo en equipo è o pilar da sociedade na que vivimos, polo tanto debe ser unha aprendizaxe moi presente na vida d@s nen@s. Dende pequen@s, @s nen@s, xogan e o habitual è que o fagan en grupo xa que este è o seu xeito innato de socialización e è o que os axuda á adquirir aptitudes para o seu desenvolvemento.






O OUTONO


As aulas comezan a vestirse coas cores do outono!