martes, 1 de noviembre de 2016
A Poda
Hoxe, as frondosas árbores do noso patio quedaron espidas.O ventiño do outono levounas bailando e non volverán ata a próxima primavera...bueno...quen di o ventiño do outono, di os operarios do concello...grazas mil!!!!!
O outono na clase de 2 anos
O outono tamén é unha estación moi divertida na
que compartimos moreas de actividades e sensacións, velaquí os nosos pequenos de 2 anos disfrutando desta fermosa estación.
Os nosos pequenos
E velaquí os nosos pequenos disfrutando do día a día, do movemento, descubrindo o mundo.....cada movemento é un logro
"Monstruo de colores"
Coñecer as emocións, identificalas, describilas, clasificalas, dramatizalas....todo isto forma parte da
educación emocional, tan importante para os nos@s nen@s e que tan ben nos describe o noso
"Monstruo de colores".
Mural do Outono
Chegou o outono,
Tamen o ventiño
Das árbores caerán
As follas amodiño
Tamèn chega o frío
E hai q abrigarse,
Gorro e bufanda
Para taparse.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




































