Neste último mes, @s alumn@s de 3 anos abrimos as
portas da nosa aula ás nosas mascotas con motivo da
unidade didáctica que nos ocupaba. E o resultado foi toda
unha ANIMALADA.
A FESTA DA FROITA!!!
Esta semana nas aulas d@s nos@s pequen@s ( 1 e 2
anos ) traballaron a reo formas, cores, olores, sabores,
texturas...e todo grazas ás nosas amigas as froitas.
Aprendizaxe significativo, colaboración coas familias, comida
saudable, idiomas...
Ó chegar a primavera, moitas especies vexetais e animais espertan do seu sono para amosarnos a súa beleza. Pero os vermes de seda son moi atractivos para @s nen@s porque nos amosan a súa metamorfose en moi pouco tempo.
Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
(Rosalía de Castro)
Un raíño de sol nos convidou a inaugurar a primavera plantando na nosa hortiña; cores, sabores e recendos.
Sementar , sementarei...
Desta volta amosámosvos @s nos@s pequen@s experimentando nin máis nin menos que con lentellas. Expert@s observador@s da Natureza e da evolución. Futuros enxeñeiros? Agricultores?...con constancia, dedicación e cariño, poderemos conseguir destas pequenas "sementes", plantas fortes e productivas.
A primavera comeza a manifestarse nas nosas aulas. @s alumn@s de 5º de Ed.Infantil, quixemos darlle a nosa particular benvida coa axuda de Vincent Van Gogh e os seus Xirasois.
Tres obxectivos da vida: escribir un libro, plantar unha árbore e ter un fillo. Das 3 a segunda é a máis doada pero non a menos importante. Sexa cal sexa a elixida, ó plantar unha árbore estamos agasallando con osíxeno, non só a un mesmo, senón tamén a todos os seres vivos do planeta. Un xesto sinxelo de gratitude e xenerosidade para ensinarlles ós nosos pequenos.
A envexa de calquera galeria de arte atópase nas nosas aulas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario