miércoles, 27 de junio de 2018
A Natureza
A natureza entra na aula e axúdanos a observar tonalidades, formas, texturas, recendos, ...clasificamos, repartimos, medimos,...
A primavera
É certo, chegou a primavera! Ainda que a climatoloxía non nos permita comezar a ver fóra as cores propias da estación, as aulas están cheas de vida, de luz e de cor!
A primavera nestes días de chuvia pérmitenos o luxo de observar de cando en vez as cores do arco da vella. Nas aulas tamén!
Día de ramos
Onte puxemos o broche final ó segundo trimestre e marcamos o comezo das vacacións de S. Santa cunha celebración: a " Festa de Ramos". Relatos, sorisos e cantos inundaron o noso salón de actos. Bo traballo e felices vacacións!!!!
un mundo de cores
Por un mundo visto dende os seus ollos onde poder disfrutar e sorprenderse con cada aprendizaxe, sexa da cor que sexa. Uns ollos que ven un mundo cheo de cor, cantos màis mellor porque ademàis son ideales para estimular a discriminación visual.
o vento, a choiva e a cor azul
O inverno, o frio, a choiva, o noso mar....a cor azul è como moi nosa non? Velaquí o resumo das aprendizaxes dun xeito que non se nos da nada mal, nunha FESTA!!
Primeiro Félix e agora Gisela..pero para vento e choiva a que reproducen @s nos@s pequen@s na aula.
8 de marzo
Porque a equidade no reparto das tarefas domésticas comeza na educación dos nos@s pequen@s! 8 de marzo Día internacional da MULLER!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)